Tuesday 30 de April de 2024

O Xacobeo recibe o premio da revista Aire Libre como mellor iniciativa comprometida coa sustentabilidade


― Comparte o recoñecemento con La Palma, concello de Madrid, Turespaña, Mallorca e Xapón e Global Mobility Call

A celebración do Xacobeo 21-22 ven de recibir o recoñecemento da revista especializada Aire Libre como iniciativa sostible destacada no marco da VI edición de Recoñecementos Comprometidos co Turismo Sostible, uns galardóns outorgados anualmente a persoas, empresas e entidades comprometidas co turismo e o medio ambiente.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de recoller o recoñecemento nun acto no que tamén foron recoñecidos La Palma, Turespaña, concello de Madrid, Global Mobility Call, Mallorca e Xapón.

No caso do Xacobeo, a revista recoñece que o seu valor por ser “o camiño máis universal e a máxima expresión da sostibilidade no seu ámbito social e e cultural”. Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé na excepcionalidade que estamos a vivir cun Xacobeo dobre, así como nas iniciativas que ao longo destes últimos anos se puxeron en marcha para preservar o Camiño, garantindo a súa autentencidade como experiencia ao tempo que se ofrecían mellores servizos aos peregrinos, siempre baixo criterios de mejora de la eficiencia energética y de recursos hídricos o de reciclaje de residuos.

Os premios, instaurados en 2017 coincidindo coa proclamación da ONU do Ano Internacional do Turismo Sostible, entregáronse no marco da celebración da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrird, nun acto que contou coa participación do experto internacional en Axenda 2030 e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, Javier Cortés e a directora da revista AireLibre, Paloma Fernández.
Noite Q de Calidade Turística

O Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE) entregou onte os Premios Q de Calidade 2022 nunha gala presidida pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, co obxectivo de escenificar o compromiso do sector turístico pola calidade e mantelo durante a pandemia do coronavirus.

Galicia tivo unha presencia destacada na Noite Q 2021, á que asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xa que con máis de 300 distincións, a comunidade galega volve converterse nun dos destinos turísticos de calidade.

A aposta da Xunta polo turismo de calidade e o traballo levado a cabo durante a pandemia para apoiar ao sector e reforzar a mensaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sostible vese reflectido no número de Q de Calidade Turística de Turismo de Galicia. Froito deste traballo, Galicia sitúase como a segunda comunidade con máis selos, só por detrás de Andalucía. Ademais, é un dos destinos que máis ten apostado pola calidade desde a posta en marcha destes recoñecementos fronte aos apenas 13 obtidos en 2013.